A noite xa pasou: a web volveu ao seu aspecto de sempre. Vémonos no próximo Halloween.
Edición especial de tempada
Esta noite,
SifG22
disfrázase.
Do 10 de outubro ao 3 de novembro, a web énchese de arañeiras, pantasmas e cabazas. Pero este ano é distinto: hai exactamente cen anos, na noite de Samaín de 1926, unha nena chamada Elvira desapareceu na casa do outeiro. E esta noite alguén volveu acender as velas.
Hai sete cabazas agochadas nesta páxina. E é só o principio: cinco capítulos, seis almas perdidas e un botín. Calcula unha hora, e mellor ás escuras.
Os disfraces deste ano
Os nosos produtos
tamén se disfrazan.
Disfrazado de cámara escura
Baixa a temperatura, sube o contraste e proba un filtro: as fotos dos teus disfraces, con ton de película de medo.
Ver produtoDisfrazado de máquina recreativa encantada
Apaga a luz e empeza unha partida a un clásico. Os mellores sustos sempre foron en 8 bits.
Ver produtoDisfrazado de detective de caramelos
Escanea as lambetadas do botín e descobre que ingredientes e aditivos se agochan en cada bolsa.
Ver produtoDisfrazado de bóla de cristal
Mira a predición por horas da noite do 31 antes de saír a por caramelos. Por se a néboa é de verdade.
Ver produtoDisfrazado de profesor pantasma
Aprende de onde vén todo isto: do Samhain celta ao Samaín galego, cando se tallaban nabos e cabazas.
Ver produtoDisfrazado de libro maldito
Busca unha historia de medo no teu espazo de lectura e léa coa luz xusta. Sen mirar atrás.
Ver produtoDisfrazado de reloxo da medianoite
Apunta a noite do 31 no teu calendario. Que as doce non te collan sen disfrace.
Ver produtoO mapa da noite
Nove recunchos.
Unha soa noite.
- ✦
As cabazas
Sete, nesta mesma páxina. Abren a cripta.
0/7 - ✦
Os segredos
Trece cousas que ninguén che vai contar. Non todas pasan aquí.
0/13 - ✦
Almas perdidas
Seis vagan por outras páxinas da web. Só se deixan ver coa decoración acesa.
0/6 - I
O libro de adiviñas
Sete preguntas, sete letras e un nome antigo.
0/8 - II
A casa encantada
Catro notas na escuridade e un cofre pechado desde 1926.
0/5 - III
O cemiterio
Seis tumbas, seis velas. Os mortos queren orde.
0/1 - IV
A ouija
Pregúntalle a Elvira. Ela tamén ten unha pregunta.
0/1 - V
A porta
A última. Non se abre desde este lado.
0/1 - ✦
O botín
Nove cartas, un fondo de pantalla, unha pantasma e algo de ouro.
0/9
Almas perdidas
Escapáronse esta noite e vagan por outras páxinas da web. Brillan pouco: mira con calma. Cando atopes unha, tócaa para liberala.
- Unha quedou revelando fotos que ninguén veu recoller.
- Outra mira ao ceo, hora a hora, agardando a que escampe.
- Unha quixo saber quen somos e que nos move.
- Outra quedou a medias nunha descarga, mirando o que levaba dentro.
- Unha perdeuse explorando, preguntándose que podería facer despois.
- E a última perdeuse de verdade: búscaa onde non hai nada.
Chama á porta
Doce
ou travesura?
Chama e agarda a que abran. Ás veces asoma unha man cun doce para a túa bolsa. Ás veces asoma outra cousa.
A túa bolsa 0/6
- Caramelo de amorodo
- Piruleta en espiral
- Chocolatina
- Ollo de gominola
- Millo de caramelo
- Caramelo de ouro
A cripta
Pechada a cal
e canto.
Dentro hai algo que non lle ensinamos a calquera. Atopa as sete cabazas agochadas nesta páxina para abrila.
Pista: algunhas están á vista. Outras só se deixan ver cun pouco de luz.
A cripta está aberta
Sete de sete.
Atopaches todas as cabazas. Xa podes saber o que se berra aquí dentro cando ninguén mira:
AUPA SIFG
Outros segredos
0/13Pista: non todo o que se move é decoración. E non todo pasa nesta páxina.
- Lúa de sangue
- Palabra de pantasma
- A lanterna
- O código secreto
- A araña do póster
- Alguén na xanela
- A pantasma tímida
- Ollos cansos
- Tinta invisible
- Cabaza mareada
- A hora bruxa
- Coleccionista de sustos
- Bolsa chea
Atascácheste? Ver pistas
Cabazas
- A primeira asina o nome da noite.
- Laranxa sobre laranxa, aos pés do cartel.
- Alguén se coou ao final da lista de doces, trucos e sustos.
- Tamén quixo disfrazarse, e púxose á cola do desfile.
- Chama, si. Pero fíxate en onde porías a man para abrir.
- Dorme dentro dunha resposta que fala de gardar cousas.
- A última asina o final, á luz de si mesma.
Segredos
- A lúa non contesta á primeira. Nin á segunda.
- As pantasmas teñen unha palabra favorita. Escríbea… ou insiste coa súa primeira letra.
- Ao pé da páxina alguén garda luz para cando todo se apague.
- Un código tan vello coma as recreativas: arriba, arriba, abaixo, abaixo… o resto xa o sabes. Co dedo tamén vale.
- Alguén colga dun fío sobre o cartel. Dálle un susto a quen asusta.
- A porta ten un ollo redondo. Quen vivirá ao outro lado?
- Alguén asoma por un bordo cando cres que non miras.
- Se quedas moi quieto diante do cartel, a alguén lle entrará sono.
- Hai unha frase que non se ve. Nin cos ollos, nin ás escuras.
- A cabaza de arriba maréase se non a deixas en paz.
- Algunhas cousas só pasan cando o reloxo dá as doce badaladas.
- A porta garda cinco sustos distintos. Lévaos todos.
- Na bolsa caben seis doces distintos. Un é de ouro, e case ninguén o ve.
Atopaches todos os segredos. Nin as pantasmas coñecen esta páxina tan ben coma ti. A túa carta agárdate no botín.
Antes da medianoite
Preguntas
de medo.
Ata cando dura a decoración?
Ata o 3 de novembro, incluído. Despois, a web volve soa ao seu aspecto de sempre.
Podo quitar a decoración?
Si. Preme a cabaza da barra de arriba, á dereita, ou o botón do final desta páxina. Lembraremos a túa elección neste dispositivo; vólvea premer para acendela outra vez.
Gárdanse as cabazas que atopo?
Si, no teu navegador. Podes pechar a páxina e seguir buscando máis tarde. Non enviamos nada a ningún servidor.
Hai algo máis agochado?
Moito máis. Mira o mapa da noite: cinco capítulos coa historia de Elvira (un libro de adiviñas, unha casa encantada, un cemiterio, unha ouija e unha porta) e seis almas perdidas por outras páxinas da web.
Que levo se o atopo todo?
Cartas coleccionables, un fondo de pantalla que medra co que atopas, unha pantasma que te acompaña pola web e algunha sorpresa dourada. Está todo no botín.
Feliz Halloween