A noite xa pasou: a web volveu ao seu aspecto de sempre. Vémonos no próximo Halloween.
Capítulo II
A casa do outeiro
leva cen anos pechada.
Esta noite a porta estaba aberta. Dentro cheira a cera e a po. No chan hai un cofre que ninguén puido abrir desde que Elvira desapareceu.
Alguén deixou catro notas numeradas pola habitación. E non estás só: hai ollos que se agochan da luz.
Contén sustos · Mellor con son
A habitación
Move o rato para alumar coa lanterna. Toca o que che chame a atención. Está todo ás escuras. Dispara o flash da cámara para ver un intre, esvara para percorrer a habitación e toca o que che chame a atención.
Notas atopadas
- I Conta as patas de quen tece no recuncho.
- II Pregúntalle a hora ao que deixou de andar.
- III As que se agochan na noite de SifG22.
- IV Os que te miran desde a escuridade, contados de dous en dous.
Dentro do cofre
31 de outubro de 1926
Mamá di que esta noite non saia da casa. Pero Bruno escondeu a Rosa, a miña boneca, no cemiterio, xunto ao avó. Irei buscala cando todos durman.
Se non volvo, buscádeme onde as velas.
— Elvira
Un cadeado de catro cifras