A noite xa pasou: a web volveu ao seu aspecto de sempre. Vémonos no próximo Halloween.
Capítulo III
Buscádeme onde
as velas.
Detrás da casa, o outeiro baixa ata un cemiterio pequeno. Alí descansa a familia Sifgard. Bo, case toda.
Cada tumba ten unha vela apagada. Os mortos son xente de costumes: queren que se acendan na orde en que se foron.
Contén sustos · Mellor con son
As tumbas
Ignacio Sifgard
1841 1903
Foi o primeiro en chegar ao outeiro. E o primeiro en irse.
Bruno Sifgard
1913 1999
Nunca volveu falar daquela noite.
Carmen Ríos
1846 19
Agardou por Ignacio oito anos máis. Xa non agarda.
Elvira Sifgard
1915 ····
Non está aquí. Nunca a atoparon.
Tomás Sifgard
1880 1927
Buscou a súa filla ata o último día. Só aguantou un inverno.
Inés Valle
1884 19
Desde que Elvira non volveu, deixou unha vela acesa cada noite. Trece anos.
Pasa o rato por riba do musgo para limpalo. Toca o musgo varias veces para limpalo. Se unha lápida está rota, o epitafio sabe o que falta.
A tumba de Elvira está aberta
Baixo a lousa
non hai ninguén.
Só Rosa, a boneca, cun papel amarelado entre as mans. A letra é de nena:
«Se queres falar comigo, pregúntame por ela.»