Halloween Capítulo I · O libro de adiviñas O mapa

A noite xa pasou: a web volveu ao seu aspecto de sempre. Vémonos no próximo Halloween.

Capítulo I

Un libro que
non quere abrirse.

Apareceu no faiado da casa do outeiro, cen anos despois daquela noite de 1926. Ten as páxinas pegadas. Só se despegan cando alguén responde.

Cada resposta deixa unha letra. As letras forman un nome. E esta noite, os nomes abren portas.

Contén sustos · Mellor con son

I

Teño cara pero non cabeza, ollos que non ven e un sorriso que só se acende cando me arde unha vela por dentro. Que son?

Pista

Esta noite hai sete coma min agochadas moi preto de aquí.

II

Canto máis me quitas, máis grande me fago. Que son?

Pista

Pregúntalle a quen cava unha tumba.

III

Entre os disfrazados deste ano hai un que adiviña o futuro nunha bóla de cristal. Quen é?

Pista

Non lle fai falta disfrace para mirar o que vén: faino cada hora.

IV

Multiplica as cabazas agochadas na páxina de Halloween polas patas de quen tece nos recunchos. Que número sae?

Pista

As cabazas xa as coñeces. As patas, cóntaas en calquera araña da web.

V

Atravesos paredes sen abrir portas, e ninguén me ve ata que me botan unha saba enriba. Que son?

Pista

Se te asusto, digo «buuu».

VI

Na cripta bérrase algo cando ninguén mira. Escríbeo.

Pista

Antes terás que abrila. Sete cabazas, lembras?

VII

Catro cifras dormen no cofre da casa encantada. Cales son?

Pista

Entra na casa con algo de luz e busca as notas numeradas. Unha por cifra.

A palabra

Sete letras.
Un nome antigo.

  1. N
  2. A
  3. H
  4. S
  5. I
  6. M
  7. A

Ordénaas. É o nome que os antigos lle daban a esta noite. Alguén disfrazado xa cho contou.